Esta liña de traballo ten como centro de estudo a arquitectura e o patrimonio cultural da vila mariñeira de Combarro (Pontevedra). Abórdase desde a perspectiva global da arquitectura popular de Galicia e dos problemas que expoñen na actualidade os conxuntos históricos que experimentan o impacto do turismo de masas, desvalorizando o capital cultural que serve de base á devandita actividade.
Publiquei varios artigos sobre esta cuestión nas revistas Obradoiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (21, 1992), Cadernos a Nosa Terra de Pensamento e Cultura (19, 1995) e Pontevedra. Revista de Estudos (24, 2015), e varias monografías.
En 2012 levei a dirección académica do 8º Congreso Internacional de Molinología. Innovación e Ciencia no Patrimonio Etnográfico. Comunicacións (Tui, 28-30 abril 2012), e fun coeditor das súas actas en CD- Rom ( ISBN: 978-84-695-3363-5) e en libro: Muíños. Innovación e Ciencia no Patrimonio Etnográfico. 8º Congreso Internacional de Molinología. Pontevedra, Deputación, 2013, 687 páxs. ISBN: 978-84-8457-408-8.
En 2014 coordinei co arquitecto Iago Seara Morais o Seminario Os Conxuntos Históricos no borde marítimo galego, que promoveu a Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela, 1 e 2 de xullo de 2014). Os seus relatorios están dispoñibles na páxina web do Consello da Cultura.
2022. Combarro, patrimonio cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia, Poio, A Solainam 2022, 82 páxs. ISBN: 978-84-09-38437-2.
2017. Guía Turística do Conxunto Histórico de Combarro. Historia, Arquitectura e Patrimonio cultural, Poio, A Solaina, 2017, 60 páxs. ISBN: 978-84-697-8147-0.
2014. Informe Urxente sobre o Conxunto Histórico de Combarro. Proposta dun Plan de Actuación en Dez Medidas para conservar o patrimonio du Ben de Interese Cultural e turístico, Poio, Asociación A Solaina, 2014, 50 páxs. ISBN 10: 84-617-0081-3.
2014. Vallejo Pousada, Rafael (coordinador), Combarro, Conxunto Histórico (1972-2012). Estudos e Testemuños, Pontevedra, Deputación Provincial, 2014, 107 páxs. ISBN: 978-84-8457-415-6.
En 1991 dirixín, no seo da Asociación A Solaina de Combarro, a investigación sobre o estado do Conxunto Histórico de Combarro, e dirixín o informe enviado ao Consello da Cultura Galega, á Xunta de Galicia e ao Parlamento de Galicia, titulado Informe sobre o Patrimonio construído do Conxunto Histórico de Combarro. Datos para a súa consideración como obxecto de espoliación. En 2015 a Revista de Estudos Provinciais da Deputación de Pontevedra publicou íntegro este informe.