Os traballos realizados sobre propiedade e agricultura en Galicia arrincan da miña tesina La desamortización del clero regular en Pontevedra, 1836-1843 (Universidade Autónoma de Madrid, 1990).
Unha versión ampliada da mesma mereceu o Premio de Humanidades da Deputación de Pontevedra (1991). Foi publicada como A desamortización de Mendizábal na provincia de Pontevedra, 1836-1844, Pontevedra, Deputación Provincial, 1993.
Os meus estudos sobre a Facenda Pública conectan con esta liña de investigación, xa que abordei a fiscalidade sobre a agricultura na España contemporánea.
O último traballo importante que elaborei sobre esta materia foi o estado da cuestión sobre os estudos da desamortización en Galicia: Vallejo Pousada, Rafael (2021), "Ramón Villares e o estudio da desamortización en Galicia, 1955-2016: un balance historiográfico... e unha achega", en Artiaga, A. et. Alii, Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo, Edicións Xerais, pp. 295-332 [ISBN: 978-84-9121-983-5].