Gustoume haber desenvolvido máis esta liña de traballo, entre outras razóns porque coñezo a actividade pesqueira por experiencia directa. Son as vantaxes de nacer nun pobo mariñeiro.
Nesta materia publiquei senllas sínteses históricas: "Historia da pesca en Galicia. (Das orixes ata o século XVIII)" (2003) e "Pesca, Gran Enciclopedia Galega, tomo 35, 2006.
O último artigo publicado sobre a vida mariñeira, elaborado co meu amigo Andrés Dacosta, é "Memoria das últimas embarcacións mariñeiras de vela en Combarro e na Ría de Pontevedra", Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial (2017).