Rafael Vallejo Pousada slide 1
Rafael Vallejo Pousada slide 2
Rafael Vallejo Pousada

SOBRE MIN

Son Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo, á que pertenzo desde 1990.

Nacín en Combarro (Pontevedra), un pobo mariñeiro singular, declarado en 1972 Conxunto Histórico.

Licencieime na Universidade Autónoma de Madrid en 1988. Doutoreime na de Santiago de Compostela en 1998, cunha tese dirixida por Francisco Comín (Universidade de Alcalá de Henares) e Ramón Villares ( Universidade de Santiago).

En 2008 fixen unha estancia de investigación no Institut Jean- Baptiste Say, Université Paris 12 Val-de- Marne, co profesor Albert Broder; en 2017 na University of Warwick (School of Modern Languages and Cultures) como Visiting Associate Professor, convidado pola profesora Kirsty Hooper; e, en 2020, no CREC (Centro de Investigación sobre a España Contemporánea), da Université da Sorbonne Nouvelle (Paris 3), dirixido pola profesora Marie Franco. Tamén realicei varias estancias nas Universidades de Alcalá e Complutense de Madrid e na sección de Historia Económica do Servizo de Estudos do Banco de España.

Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas

Área de Historia e Institucións Económicas

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo
(Universidade de Vigo)

Orcid ResearchId Dialnet ResearchGate Scopus

As Lagoas-Marcosende, s/n. 3631O
Vigo. Galicia. España

Tlfno: (+34) 986 812 428

Fax: (+34) 986 812 401

vallejo@uvigo.es